Reset Password

Axuda: Aceptar ou rexeitar unha solicitude de reserva

30/11/2021 by Pepe Blas

Cómo aprobar unha reserva e emitir factura, rexeitar a reserva, cancelar a reserva e eliminar unha factura

O Anfitrión do Aloxamento recibirá unha notificación por correo electrónico cando se reciba unha nova solicitude de reserva dun Viaxeiro.

O Anfitrión do Aloxamento verá as reservas realizadas para o seu Aloxamento no Panel e control -> As miñas Reservas.

Dende aquí o Anfitrión pode:

  • Rexeitar a reserva,
  • Emitir unha factura e aprobar a reserva, ou
  • cancelar unha reserva confirmada.

As reservas rexeitadas eliminaranse automaticamente do panel de control do Viaxeiro e do administrador.
O Viaxeiro será notificado por correo electrónico que a súa solicitude de reserva foi rexeitada ou cancelada. e a solicitude de reserva tampouco estará dispoñible no seu panel.

Para aceptar unha reserva é necesario emitir unha factura. Se fose necesario, pódense engadir gastos adicionais ou un desconto. Finalmente confirme a solicitude de reserva facendo clic en Enviar factura.

Para rexeitar unha solicitude de reserva, só ten que facer clic no botón Rexeitar solicitude de reserva.

Abaixo hai capturas de pantalla con todos os estados posibles para as solicitudes de reserva recibidas no panel de control -> “As miñas solicitudes de reserva”

Se se emite unha factura, pero o Viaxeiro aínda non a pagou, o Anfitrión pode eliminar a factura e emitila de novo, ou rexeitar a solicitude de reserva e eliminala da páxina “As miñas reservas· e da páxina “As miñas reservas” do Viaxeiro.